CAMBIARÍAS ALGO?

salome salomé vilarino vilariño compostela Compostela dominguez Dominguez novela relato coltan africa tomate tomatera feminismo muerte droga engaño sueño autorealizacion suicidio competencia matrimonio

Pieris é unha muller de mediana idade adicta á heroína que decide suicidarse. Pero antes diso, cóntalle a un compañeiro como era a súa vida antes do primeiro xute, incluído o seu ridículo soño infantil: ter unha pequena granxa en África e cultivar tomates. Chegado Pieris ao momento sen retorno, a morte aparéceselle e, ao ver o lamentable estado da súa alma, ofrécelle a oportunidade de volver á vida cambiando só unha decisión tomada no pasado.
Punto de venda

Ficha do Libro


Título: Cambiarías algo?
Editorial: Autopublicación en Amazon
Encadernación: Tapa branda
Páxinas: 62
Idioma: Galego e español
Fecha de publicación: 10 xullo 2020
Ilustración de cuberta: Pablín Dibujín
ISBN: 978-8409250615

Comentarios

Profunda historia cargada de emoción e realidade que nos brinda a posibilidade de cambiar o noso pasado. Parabén!

Maxi Valero - Scriptwriter / Film Director / Executive Producer WiseBlueStudios

Felicidades de todo corazón á autora por esta marabillosa obra, que me encantou e dá unha clara mensaxe, a vida é túa e ti decides, pero moitas veces o teu destino é o que ti queiras...

Lecthoracompulsiva - Bloguera e Instagramer

Esta é unha lectura moi lixeira, que se le facilmente e que nos fai reflexionar de maneira contundente. [...] Esta historia ten algunhas ensinanzas como que non é ouro todo o que reloce, ensínanos o fácil que é que as cousas non saian ben, o fácil que é confiar e que che fallen e traizóenche, pero o máis importante, creo que nos ensina a loitar polo que realmente fainos feliz, e ensínanos a valorar a vida e as cousas que temos.

Loslibrosdesu - Bookstagramer